Aberto o prazo para solicitar prácticas na Fundación Galicia Europa en asuntos europeos en Bruxelas

thumbnail_logo_header
0

A Xunta de Galicia, mediante a Fundación Galicia Europa (FGE) en Bruxelas (Bélxica), abriu unha convocatoria con cinco bolsas de formación en asuntos europeos co fin de achegar os valores europeos á xuventude galega, fomentar a súa empregabilidade e o seu acceso ao mundo laboral.

Ofertaránse cinco bolsas formativas dirixidas a titulados universitarios e técnicos superiores en Formación Profesional:

  • Dúas de políticas europeas relacionadas con Galicia
  • Unha de comunicación
  • Unha de secretariado e apoio administrativo
  • Unha de seguimento das políticas e programas europeos no ámbito da innovación e da investigación

Duración

As prácticas terán unha duración de 11 meses e de 12 meses no campo de innovación.

Requisitos

  • Ter vinculación con Galicia
  • Ter obtido o título académico dentro dos seis anos previos ao da publicación da presente convocatoria
  • Non ter sido beneficiario de ningunha convocatoria anterior de bolsas da FGE

Prazo de solicitude

As persoas interesadas en inscribirse poden presentar as súas candidaturas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ata o 18 de abril de 2022.

Leave us a comment